Cabeceira

Obradoiros

Para participar nos obradoiros é imprescindible estar inscrito no congreso.

Os obradoiros farán uso do programa estatístico "R", que é completamente gratuíto e se pode instalar en calquers ordenador e sistema operativo. R convertiuse en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente (incluídos os de custo elevado, coma SPSS, STATISTICA, SAS etc.). R é tamén o programa estatístico con maior potencia de gráficos.

Os obradoiros realizaranse nunha aula de informática, polo que haberá dispoñibles equipos co software R instalado. Aqueles asistentes que o desexen poderán realizar o obradoiro nos seus ordenadores persoais, nese caso será imprescindible que instalen previamente o programa.

Aínda que a sesión do sábado dos dous obradoiros se imparte de xeito simultáneo, cabe a posibilidade de realizar ambos, xa que para certificar a realización do obradoiro de minería de datos é necesario que se superen as diferentes avaliacións que se realizan no curso en liña e non é imprescindible polo tanto a asistencia á última sesión presencial durante o congreso.

 

O número de prazas dispoñibles para cada obradoiro é de 30 e o prazo para inscribirse nos mesmos remata o 15 de setembro. O obradoiro de minería de datos ten un custo de 20€ e o obradoiro de gráficos en R é gratuíto.

 

Obradoiro 1: Minería de datos con R

Este obradoiro terá unha duración de 32 horas e realizarase en liña do 1 ao 25 de outubro (30 horas), sendo a última sesión do mesmo presencial (2 horas) o sábado 26 de outubro.

Impartido por María del Carmen Iglesias Pérez (Universidade de Vigo), Ricardo Luaces Pazos (Universidade de Vigo) e Antonio Vaamonde Liste (Universidade de Vigo).

O curso inclúe unha breve introdución ao programa R e ás técnicas estatísticas de Minería de Datos máis empregadas, cun enfoque práctico e aplicado. Para cada técnica explícase o seu principio estatístico de funcionamento, o algoritmo, as condicións da súa aplicación e a interpretación correcta dos resultados, de forma que o alumno poida adquirir a competencia de empregalos cos seus propios datos. Para todos os métodos explícase a súa aplicación paso a paso co programa R con datos de exemplo axeitados, e o alumno debe realizar a continuación de forma autónoma unha tarefa de aplicación similar.

Programa

    1. Breve introdución a "R". Instalación e funcionamento básico.
    2. Introdución á Minería de Datos. Análise Cluster. K-Means. EM (Expectation-Maximization)
    3. Adaboost. Random Forest.
    4. Clasificador Basado en Regras: Chaid, Naive Bayes (Clasificador Bayesiano).
    5. Árbores de Decisión: Cart. Clasificación C5.0.
    6. KNN. SVM (Support Vector Machines).
    7. Análise de Asociación: A Priori. Motores de Búsqueda: Pagerank.

 

Obradoiro 2: Elaboración de gráficos con R

Este obradoiro terá unha única sesión de 2 horas de duración o sábado 26 de outubro.

Impartido por Javier Tarrío Saavedra (Universidade da Coruña)

Programa

1. Visualización de datos con ggplot2.

    1.1. Construción de gráficos co paquete ggplot2.
    1.2. Gráficos de barras, histogramas, diagrama de caixa, diagramas de dispersión.
    1.3. Series de tempo.
    1.4. Temas e personalización.

2. Gráficos interactivos.

    2.1. Htmlwidets.
    2.2. Plotly.

3. Representación de "heatmaps" con iheatmapr e redes con visNetwork.