Cabeceira

Programa Social

 

Xoves 24: Recepción oficial do congreso

A recepción oficial do congreso, ofrecida polo Concello de Vigo, será no contorno do Pazo Quiñones de León ubicado dentro do Parque de Castrelos, un dos pulmóns da cidade, ás 19:30.

Ao inicio da recepción, contarase cunha breve actuación do Coro de Cámara Rías Baixas dirixido por Bruno Díaz. Interpretarán a obra do compositor vigués Brais González "Sete Cantigas de Amigo de Martín Códax", inspirada nos textos e melodías medievais recollidas no Pergamiño Vindel.

A organización pon a disposición dos participantes un autocar que sairá ás 19:15 desde a sede do congreso ata o Pazo Quiñones de León, con regreso ás 21:30 hacia o centro de Vigo, facendo unha parada intermedia na Escola de Enxeñería Industrial, a sede do congreso.

 

Venres 25: Ruta en barco pola Ría de Vigo

Nesta excursión tomaremos un barco no porto de Vigo, percorreremos a ría e visitaremos a Illa de San Simón e a Illa de San Antón, unida á anterior mediante unha ponte.

Esta illa tivo múltiples usos ao longo da súa historia, sendo mosteiro, lazareto, cárcere e orfanato. Ambas illas están catalogadas coma Ben de Interese Cultural dende xullo de 1999.

Para o traslado dos participantes da excursión dende a sede ata a estación marítima de Vigo, a organización tamén porá á súa disposición un autocar que sairá desde a Escola de Enxeñería Industrial ás 14:00. Aqueles que vaian pola súa conta, deberán estar no peirao (ubicación) ás 14:30.

Ao regreso da excursión, todos aqueles que o desexen poderán desfrutar no Vitruvia Café (Pza. Compostela, 5) ás 20:00 dun recital a piano da man do compositor e pianista Brais González combinando obras propias con composicións clásicas de distintos estilos.

 

Sábado 26: Xantar oficial do congreso

O xantar oficial do congreso será no restaurante Albatros, situado na estación marítima de Vigo, ás 14:30.

Para chegar ao restaurante desde a sede pódese tomar o autobús urbán C1 na parada xusto enfrente da Escola. Este autobús pasa cada 12-15 minutos e son soamente sete paradas (aproximadamente 7 minutos) ata o centro comercial A Laxe, moi próximo ao restaurante.