Cabeceira

Conferencias plenarias

A presente edición do congreso SGAPEIO estruturarase en 3 días, nos cales haberá as seguintes conferencias plenarias.

 

Carmen Armero Cervera (Universitat de València)

"Pupurri estatístico e bayesiano con harmonías lonxitudinais e de supervivencia a ritmo de ciencia de datos"

Carmen Armero é doutora en Matemáticas pola Universitat de València. Especialista en estatística bayesiana, dende a que traballou e/o traballa en temas metodolóxicos (inferencia en colas de agarda, datos lonxitudinais, análise de supervivencia, modelos xerárquicos bayesianos, etc) e aplicados (datos de virulencia microbiana en seguridade alimentaria, datación radiocarbónica en arqueoloxía, etc). É autora ou coautora de máis de 90 publicacións, moitas delas en revistas de impacto internacional. É directora do grupo de investigación en Estatística Bayesiana da Universitat de València, GIUV2016-271 e investigadora principal do nodo València-VABAR da rede de excelencia BIOSTATNET.

 

Juan Manuel Rodríguez Poo (Presidente do Instituto Nacional de Estadística)

"A estatística oficial nunha sociedade datificada"

O actual presidente do Instituto Nacional de Estadística, é Catedrático de Fundamentos do Análise Económico da Universidad de Cantabria e tamén o foi da Universidad de Zaragoza. Ademais, foi profesor nas Universidades do País Vasco, Ginebra e Paul Sabatier de Toulouse e Director do Departamento de Economía da Universidad de Cantabria. Entre 2004 e 2011, foi director do Instituto Cántabro de Estadística (ICANE). Foi investigador principal de diferentes proxectos de investigación competitivos e conta con numerosas publicacións de prestixio internacional en Journal of Econometrics, Journal of Applied Econometrics, Econometric Theory y Test entre outras.

 

Juan José Salazar González (Universidad de La Laguna)

"Deseñando rutas para vehículos e condutores"

Especialista en temas de loxística e optimización, é autor de máis de 100 publicacións en revistas científicas. Os seus traballos abarcan tanto a parte metodolóxica (desenvolvendo novas técnicas de investigación de operacións) como a parte aplicada (resolvendo problemas reais usando técnicas de investigación de operacións). É autor dun libro docente sobre progamación matemática e coautor dun libro de investigación sobre “Statisitics confidentiality” na editorial Springer.

 

Ingrid Van Keilegom (KU Leuven)

"On semiparametric modelling, estimation and inference for survival data subject to dependent censoring"

Ingrid Van Keilegom é profesora na KULeuven (Bélxica). Posúe unha intensa carreira investigadora en estatística matemática en campos coma a regresión non paramétrica e semiparamétrica, a análise de supervivencia, os modelos econométricos ou os problemas de erros de medida. Publicou máis de 130 artigos científicos, moitos deles nas revistas máis prestixiosas da súa área de especialización, como por exemplo Annals of Statistics, Biometrika, JASA ou Journal of the Royal Statistical Society - Series B (Statisitcal Methodology). Desta última foi editora entre 2012 e 2015. Desde 2016 posúe unha Advanced Grant outorgada polo Consello Europeo de Investigación. É membro honorario do Institute of Mathematical Statistics desde 2008 e da American Statistical Association desde 2013.