Cabeceira

Código de conduta

Desde a organización do congreso SGAPEIO2019 queremos que estas xornadas estean libres de acoso para todas e todos os participantes, independentemente do seu xénero, orientación sexual, discapacidade, aparencia física, raza ou relixión.

Participantes, oradores e patrocinadores deben aceptar o seguinte código de conduta. A organización fará cumprir este código en todo momento e agarda a cooperación de todos para garantir un ambiente seguro. Non se tolerará o acoso de ningunha maneira.

A linguaxe e as imaxes sexuais non son apropiadas en ningún lugar da conferencia, incluídas charlas, obradoiros e eventos sociais. Os/As participantes que amosen este tipo de comportamento poden recibir unha advertencia formal e, se non cesan nos seus comportamentos inmediatamente, poden ser expulsados do congreso sen reembolso das cotas aboadas.

Os asistentes ao congreso SGAPEIO2019 acordan:

  • ser respectuosos/as no discurso e nas accións e respectar os límites dos demais asistentes;
  • absterse de comportamentos degradantes, discriminatorios ou acosadores;
  • alertar a un membro do comité organizador se nota unha situación perigosa, alguén en apuros ou violacións deste código de conduta.

 

As entidades patrocinadoras tamén están suxeitas á política contra o acoso. En particular, non deben usar imaxes, actividades ou outro material ofensivo ou sexualizado.

Requisitos para charlas e pósteres.

As presentacións e os pósteres inclúense no código de conduta e polo tanto non deben conter material ofensivo ou sexualizado. Se este material é imposible de evitar dado o tema a tratar, a existencia do mesmo debe advertirse tanto no resumo do traballo como ao comezo da charla.

Se nalgún momento do congreso se sinte hostigado/a ou observa que alguén máis está sendo hostigado/a ou ten algunha outra inquietude, por favor comuníqueo a algún membro do comité organizador. Será doado identificalos xa que levarán unha acreditación distintiva.