Cabeceira

Sesión de Biometría

A Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) xunto coa SGAPEIO organizan a seguinte sesión paralela especial de Biometría o venres 25 de outubro.

 

Rosa Crujeiras Casais (Universidade de Santiago de Compostela)

"E cara onde imos? díxolle unha pulga a outra"

Profesora da área de Estatística e Investigación Operativa na Universidade de Santiago de Compostela, a súa investigación céntrase principalmente nos métodos non paramétricos para datos con dependencia espacial e datos direccionais. Neste ámbito publicou, con outros coautores, varios artigos nos que desenvolve ferramentas exploratorias e inferenciais para a densidade e a regresión, na análise de datos circulares e direccionais. Os seus traballos abranguen distintas aplicacións, as máis relevantes nos ámbitos da ecoloxía e na bioloxía. As metodoloxías propostas neste campo poden poñerse en práctica utilizando os paquetes NPCirc e multimode, de R.

 

Magda Monteiro (ESTGA – Universidade de Aveiro)

"Change point analysis in a state space framework to monthly temperature data in european cities"

Profesora adxunta na Escola Superior de Tecnología e Gestão de Águeda, Universidade de Aveiro, e investigadora no CIDMA, Centro de Investigação e Desenvolvimento em Matemática e Aplicações, da mesma universidade. Os seus traballos de investigación encádranse no ámbito das series temporais, en particular no modelado e previsión. Actualmente os seus temas de investigación céntranse nos modelos para series de conteo, univariados e multivariados, e modelos en espazo de estados, con énfase nos modelos para datos ambientais. Dispón artigos en revistas internacionais indexadas, capítulos de libros e artigos científicos publicados en conferencias internacionais e nacionais.

 

Soraia Pereira (FCUL – Universidade de Lisboa)

"Geostatistical analysis of sardine eggs data - a Bayesian approach"

Investigadora no Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL) e profesora auxiliar convidada na Faculdade de Ciências da Universidade de Lisboa. Os seus principais intereses de investigación son a estatística espacial, especialmente en procesos puntuais espaciais, estatística bayesiana, estimación en pequenos dominios, modelado e extremos. Posúe traballos publicados en revistas nacionais e internacionais en temas tales coma a estimación en desemprego: métodos e modelos referenciados por puntos espaciais.